PROPOSTA DE PROXECTO

PROPOSTA DE PROXECTO DE INTERVENCIÓN MULTIDISCIPLINAR NO ENTORNO DO COLEXIO CAMPOLONGO.


Dende a ANPA e a Dirección do Colexio Campolongo de Pontevedra queremos propoñer ás Facultades de Belas Artes, Facultade de Maxisterio e a de Deporte a posibilidade de intervir nun proxecto que faga dos espazos libres do colexio un espazo mais acorde e ordenado para o disfrute das alumnas e alumnos do colexio.
A intención do proxecto e a reorganización dos espazos de xogo nos recreos. Preténdese evitar o que se denomina unha «distribución sexista» das zonas de recreo.
A xerarquía dos xogos, as actitudes dos alumnos ou a falta de organización espacial habitualmente sitúa ós nenos no centro (co fútbol como rei) e arríncoa as nenas. Unha das vantaxes que se pretenden, é que o uso dos patios responda ás necesidades, intereses e expectativas tanto de nenos coma de nenas. Trátase de dar igualdade de oportunidades ós alumnos, que todos teñan opción de xogar, xa que co modelo actual moitos escolares no atopan o seu espazo.
Facer que a hora do recreo na escola sexa toda unha exhibición de xogos e posibilidades. Todos, nenos e nenas, teñan o seu espacio, ata os que prefiren pintar na parede, pasar o tempo de charla ou cambiar cromos. A intención e mellorar a convivencia e que o alumnado participe en actividades e se divirta máis.
Por un lado a Dirección do Colexio dará unha serie de premisas, condicionantes, necesidades e tamén unha serie de ideas que xa teñen do que se pode facer.
Os representantes de Bellas Artes dotar dunha visión estética e compositiva, así como da súa experiencia á hora de materializalo.
Os representantes de Maxisterio e Deportes de aportar os seus coñecementos en contidos didácticos e pedagóxicos.
E unha serie de pais, en representación da ANPA, que aportarán os seus coñecementos en outros aspectos que poden complementar, como pode ser a visión arquitectónica.
A intención é a de levar a cabo este proxecto durante o curso lectivo 2017-2018, e tratar de materializalo a finais do curso, ca axuda dos peques do centro en todo aquilo que se poida.

CONTEXTUALIZACIÓN DO CENTRO

O Colexio de Educación Primaria Campolongo de Pontevedra está situado no centro do polígono do mesmo nome e rodeado de zonas verdes na súa maior parte.
É un Centro de Ensino Público, polo tanto dependente da Consellería de Educación e está adscrito ó Instituto “Sánchez Cantón”, estando adscrito o noso o C.E.I. Crespo Rivas.  

A.- INSTALACIÓNS

1. Catro edificios cunha extensión de máis de 3.500 m2.
a) Edificio principal - Administración cos despachos de: dirección, xefatura de estudios, secretaría e orientación, despacho da A.P.A., aula de informática, sala de profesores e conserxería.
22 aulas de Educación Primaria, 3 titorías, 3 aulas de P.T., 2 aulas de  Audición e Linguaxe, dúas aulas de idiomas, unha aula de música, unha biblioteca e  unha sala multiusos.

b) Edificio Comedor.  
c) Edificio para Actividades Deportivas.
d) Almacén exterior.             

2. Espazos Exteriores:
a) Parque infantil.  
b) Patios de recreos e deportes.
c) Pistas polideportivas exteriores de uso compartido ca veciñanza.
 







VISTA AERÉA DO CENTRO
B.- PROFESORADO, ALUMNADO E NIVEIS EDUCATIVOS
O equipo de profesores está formado por 36 profesores, destes o Claustro pertencen 34 e imparte clases dous máis compartidos con outros centros: unha profesora de relixión que pertence o claustro do CEIP Plurilingüe Froebel, e unha profesora de Audición e Linguaxe que pertence o claustro do CEIP Parada Campañó.
O Departamento de Orientación, formado por unha Orientadora, tres especialistas en Pedagoxía Terapéutica, dúas especialista en Audición e Linguaxe (unha compartida con outro centro) e os coordinadores de Ciclo que atenden a tódolos niveis educativos.
Dada a súa localización, este Centro escolariza de forma maioritaria ó alumnado residente na zona centro da cidade, abarcando todo tipo de nivel socioeconómico, e cunhas altas expectativas educativas.
No curso 2016/2017, a día 10 de outubro, están matriculados 520 alumnos, todos en Educación Primaria.

Estando repartidos os alumnos segundo a seguinte táboa:



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Primeira actuación

Primeira reunión xeral