Primeira reunión xeral

Tivo lugar o día 3 de xullo, ás 11:00 nas instalacións do colexio.


Asistentes:

-       Pachú director do C.E.P. Campolongo.
-       Jorge Soto profesor da Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte.
-       Miryam profesora da Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte.
-       Susana López alumna da Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte.
-       Lupe nai da ANPA.
-       María Cadavid nai da ANPA.
-       Antonio Rodríguez pai da ANPA.


Jorge Soto trouxo un proxecto exemplo, teño copias que irei repartindo a medida que me reúna con todos.

Falouse de implicar os peques, sobre todo ós de sexto en tarefas derivadas do proxecto, e incluso coma autores e supervisores do proxecto. Por outro lado, fíxose incapé, en que tódalas intencións do proxecto terán en conta non incrementar o traballo dos docentes e acomodar o proxecto a súa labor actual, tratando que as intervencións axuden na súa tarefa actual, e non sexa unha carga.

En principio na segunda quincena de setembro, tentarase facer unha enquisa entre os alumnas e alumnos do centro. Falamos de antes da enquisa, unhas charlas con xente que fixo traballos similares, que poidan amosar o feito e dar un punto de vista práctico, isto serviría tanto ós pequenos pa que coñezan outras posibilidades distintas o patio que coñecen e por outro lado tamén ós que fan o proxecto.

Concretamos o entorno da aplicación ASANA, coma medio de coordinación dos traballos a realizar, e o blog https://patiocampolongo.blogspot.com.es/ coma medio de difusio cara ó exterior e amosar o proxecto en proceso continuo.

O director amosou xa certas inquietudes do equipo docente sobre modificacións dos espazos, e que os docentes, neste momento, están á espera de noticias sobre as intencións do proxecto así coma propostas cas que comezar a traballar. 
A predisposición do profesorado é boa, están dacordo en que debe facerse cambios no patio e están á espera das nosas propostas. Así mesmo, a idea de plantexar unha enquisa viuna factible. O director en persoa, será o encargado de supervisar nun primeiro momento as ideas e propostas que se formulen dende o equipo de traballo do proxecto.


Neste período de verán, antes de que chegue setembro tentarei poñer en coñecemento de todos un pequeno organigrama onde todos poidamos saber de todos, así coma asignar competencias referenciadas, a fin de non duplicar esforzos, asignar alguén encargado de facer fotos, de facer planos, encargados de certos temas, de maneira que se necesitamos certos datos saibamos a quen recorrer.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROPOSTA DE PROXECTO

Reunión 13 de septiembre de 2017