Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2017

PROPOSTA DE PROXECTO

Imaxe
PROPOSTA DE PROXECTO DE INTERVENCIÓN MULTIDISCIPLINAR NO ENTORNO DO COLEXIO CAMPOLONGO. Dende a ANPA e a Dirección do Colexio Campolongo de Pontevedra queremos propoñer ás Facultades de Belas Artes, Facultade de Maxisterio e a de Deporte a posibilidade de intervir nun proxecto que faga dos espazos libres do colexio un espazo mais acorde e ordenado para o disfrute das alumnas e alumnos do colexio. A intención do proxecto e a reorganización dos espazos de xogo nos recreos. Preténdese evitar o que se denomina unha «distribución sexista» das zonas de recreo. A xerarquía dos xogos, as actitudes dos alumnos ou a falta de organización espacial habitualmente sitúa ós nenos no centro (co fútbol como rei) e arríncoa as nenas. Unha das vantaxes que se pretenden, é que o uso dos patios responda ás necesidades, intereses e expectativas tanto de nenos coma de nenas. Trátase de dar igualdade de oportunidades ós alumnos, que todos teñan opción de xogar, xa que co modelo actual moitos escol